Entrevista de Agpesur na Cadena SER
O noso presidente José Luis Peso fala da situación actual da pesca submarina en Galicia
1/18/2025


O noso presidente, José Luis Peso, participou nunha entrevista na Cadena SER, onde abordou os principais retos e inquedanzas da pesca submarina en Galicia.
Destacou a importancia de que a normativa sexa xusta, transparente e baseada na evidencia científica, respectando tanto a sustentabilidade do medio mariño como os dereitos dos pescadores submarinos. Tamén destacou o noso compromiso cunha práctica sostible, que forma parte da nosa tradición e cultura, e que contribúe ao autoconsumo de forma responsable.
Agradecemos profundamente á Cadena SER que nos ofreza este espazo para visibilizar as nosas reivindicacións e promover un necesario debate. Este tipo de oportunidades son esenciais para que a nosa voz chegue máis lonxe.
