Agpesur no Faro de Vigo

Novas no Faro de Vigo sobre o noso traballo como asociación

1/21/2025

A Asociación Galega de Pescadores Submarinos Responsables (AGPESUR) segue gañando presenza nos medios de comunicación, e nesta ocasión aparecemos no Faro de Vigo. O artigo reflicte a nosa loita por unha regulación máis equitativa da pesca submarina en Galicia e destaca a entrega de máis de 4.500 sinaturas á Xunta para esixir cambios nas restricións actuais.

Estamos satisfeitos de que medios como Faro de Vigo contribúan a visibilizar esta problemática e a promover o debate arredor dunha regulación máis xusta.

(C) 2024 AsOCIACIÓN GALEGA DE PESCADORES SUBMARINOS RESPONSABLES. Todos os dereitos reservados.