Agpesur no Correo Gallego

Novas no Correo Galego sobre o noso traballo como asociación

1/21/20251 min read

Grazas á vosa colaboración conseguimos reunir máis de 4.500 sinaturas que xa presentamos na Xunta de Galicia. Estas sinaturas apoian a nosa petición de modificar as restricións actuais que só nos permiten pescar entre maio e setembro, e fóra dese período, só os fins de semana e festivos.

O artigo destaca como loitamos contra as normativas que consideramos inxustas, arbitrarias e discriminatorias. Defendemos a pesca submarina como unha actividade sostible, respectuosa co medio ambiente e parte da nosa cultura galega. Cremos nun marco normativo máis equilibrado que faga compatible a nosa práctica coa conservación dos recursos mariños.

Queremos agradecer a El Correo Gallego por darnos voz e facer visible a nosa loita. Ademais, grazas a todos polo voso apoio constante.

(C) 2024 AsOCIACIÓN GALEGA DE PESCADORES SUBMARINOS RESPONSABLES. Todos os dereitos reservados.