Agpesur aparece en máis medios

Novidades en Infomiño, Diariomarítimo e Amarinaxa

1/16/2025

Nos últimos días saímos en medios como Diario Marítimo, AMariñaXa ou Infomiño, que deron voz á nosa loita por unha normativa máis xusta e sostible para a pesca submarina en Galicia.

Estes medios destacan a nosa recente iniciativa de presentar máis de 4.500 sinaturas á Xunta de Galicia, reclamando cambios nas restricións que nos limitan a exercer a nosa actividade de forma arbitraria coa ausencia de estudos que as avalen. Defendemos publicamente que esta normativa é discriminatoria e non reflicte o carácter sostible e tradicional da pesca submarina.

Grazas a esta visibilidade, a nosa causa está chegando a máis xente, xerando un debate necesario sobre a importancia de compatibilizar as nosas actividades sostibles coa conservación do medio mariño e a equidade normativa.

Queremos agradecer a Diario Marítimo, AMariñaXa e Infomiño por axudarnos a levar máis lonxe a nosa mensaxe.

(C) 2024 AsOCIACIÓN GALEGA DE PESCADORES SUBMARINOS RESPONSABLES. Todos os dereitos reservados.